Día a Día

Día a Día

By: Radio Municipal de Tui

Language: gl

Categories: News, Entertainment

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Episodes

Ent. José Fernando Martínez da Comunidade de Montes de Camposancos | Paletada Laconada de San Amaro
Jan 09, 2026

O sábado 17 de xaneiro vaise celebrar en Camposancos, na Guarda, a XXVII Paletada Laconada de San Amaro organizada pola Comunidade de Montes de Camposancos. Os tícket para asistir ao xantar, que vai ter lugar no restaurante El Molino, pódense adquirir esta fin de semana, estando limitado o aforo a 300 persoas. Hoxe coñecemos coma naceu este evento gastronómico, e os detalles da cita deste 2026 con José Fernando Martínez da Comunidade de Montes de Camposancos. Tamén nos deu conta da doazón de 7 cadros que recibiron da colección de Juan José Peniza Matos.

Duration: 00:08:04
Ent. David Acevedo - A Marcha Ultreia celebrarase o domingo 12 de abril
Jan 08, 2026

A marcha Ultreia entre Tui e Pontevedra celebrarase este ano o domingo 12 de abril, domingo de San Telmo. Trátase dunha proba xa consolidada que cada ano reúne a centos de persoas de toda España e Portugal. Na edición de 2025 o máis rápido percorreu en 4 h 17 min a distancia entre as dúas cidades seguindo o Camiño Portugués, e o que máis tempo investiu realizou o traxecto en 11 h 54 min. Así nolo contou hoxe David Acevedo, membro da organización, quen explicou que a inscrición está xa aberta en cronotec.es.

Duration: 00:05:34
Ent. Benjamín Martínez, de El X de la Suerte | Sorteo do Neno 2026
Jan 07, 2026

Días de ledicia para El X de la Suerte, administración de lotarías do Porriño, despois de repartir máis de 24 millóns de euros en premios no Sorteo do Neno. Do local saíu un décimo do primeiro, o número 06703, e todo o segundo en exclusiva en Galicia, o 45875. Coñecemos hoxe con Benjamín Martínez, de El X de la Suerte, algunhas das anécdotas deste sorteo.

Duration: 00:06:21
Raíces e Vangarda - Roscón de Reis
Jan 05, 2026

No tempo que cada luns compartimos con Judicael Romero en Raíces e Vangarda hoxe coñecemos como elaborar un roscón de Reis. Deixounos a receita e o trucos para o resultado sexa espectacular.

Duration: 00:11:04
Ent. Óscar Silva, vereador de Cultura de Valença - Cabalgata Internacional de Reis 2026
Jan 02, 2026

As Cortinas de San Francisco, aos pes da Fortaleza de Valença será o punto de partida da Cabalgata Internacional de Reis da Eurocidade Tui-Valença, que rematará na rúa Compostela en Tui, con posterior recepción real no Teatro Municipal. Óscar Silva, vereador de Cultura de Valença explicaba a importancia que a cabalgata ten tamén para Valença.

Duration: 00:05:32
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura de Tui - Cabalgata Internacional de Reis 2026
Jan 02, 2026

Os Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar, visitarán o próximo luns a Eurocidade Tui-Valença protagonizando a Cabalgata Internacional de Reis que sairá ás 17 h das Cortinas de San Francisco en Valença e rematará na rúa Compostela en Tui. O Teatro Municipal acollerá a recepción real tanto á mañá como tras a cabalgata. A concelleira de Cultura de Tui, Sonsoles Vicente, explicou todos os detalles desta máxica cita internacional.

Duration: 00:11:07
Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes, e Laura Solla, do Club Atletismo Tui | IV San Silvestre Solidaria
Dec 30, 2025

2000 persoas participarán mañá na IV San Silvestre Solidaria que o Concello de Tui organiza en colaboración co Club Atletismo Tui. Ás 10.30 h partirá a carreira dende o Paseo da Corredoira, e a partir das 12 h chocolate quente, badaladas e música na praza da Inmaculada. A recollida de dorsais será no Espazo Sociocultural da r/ Camilo José Cela dende as 9 h até as 10.20 h. Coñecemos os detalles e o percorrido con Rafael Estévez, concelleiro de Deportes, e Laura Solla, do Club Atletismo Tui.

Duration: 00:07:14
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, e Jose Manuel Carpinteira, presidente da Cámara de Valença | Cabalgata de Reis
Dec 30, 2025

A Cabalgata Internacional de Reis da Eurocidade Tui-Valença é única no mundo. Une dous países, dous municipios e faino a través da maxia e a ilusión pola chegada dos Reis Magos de Oriente. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente da Cámara Municipal de Valença, Jose Manuel Carpinteira, destacaron que se debería potenciar este evento pola súa singulariedade e interese cultural transfronteirizo.

Duration: 00:10:04
Ent. Rubén González, Brian Romero e Arón Ramilo | A.D. Soutelo
Dec 29, 2025

A A.D. Soutelo participa na Liga afeccionados Salceda. Unha liga de fútbol que hoxe coñecemos con Rubén González, Brian Romero e Arón Ramilo, da A.D. Soutelo, que deron conta das iniciativas levadas a cabo en redes sociais, no campo e coa creación da súa páxina web.

Duration: 00:07:11
Raíces e Vangarda, Judicael Romero - Pescada a baixa temperatura e aperitivos
Dec 29, 2025

No último "Raíces e vangarda" do ano, o chef Judicael Romero trouxo a receita de tres aperitivos rápidos e sinxelos para a cea de Fin de Ano, e a de pescada a baixa temperatura como prato principal. Tamén deu uns consellos para cociñar mariscos.

Duration: 00:10:46
Ent. Marta Cendón, catedrática | Conferencia A catedral de Tui en 1225. Que estaba feito e que faltaba por facer?
Dec 29, 2025

A catedrática tudense Marta Cendón ofrecerá mañá martes ás 19.30 h no Espazo Sociocultural da r/ Camilo José Cela unha conferencia titulada "A catedral de Tui a 30 de novembro de 1225. Que estaba feito e que faltaba por facer?" dentro da programación do VIII Centenario da consagración da catedral. Nela realizará un achegamento ao proceso construtivo deste templo, ilustrando as diversas etapas deste proceso con imaxes e comparativas. Marta Cendón avanzou hoxe no programa Día a Día que o que máis vai a sorprender.

Duration: 00:07:55
Ent. José Carlos Montes e Miguel Veiga | Balance árbore dos desexos
Dec 26, 2025

82 nenos e nenas recibirán mañá o seu agasallo de Nadal grazas á iniciativa Árbore dos desexos, que este ano estivo na praza da Inmaculada na súa terceira edición. Hoxe fixemos balance con José Carlos Montes, de SOS Tomiño Baixo Miño, e Miguel Veiga, promotor da iniciativa.

Duration: 00:10:19
Diego Grande, cantante de Claxxon | Concerto de Nadal en Tui
Dec 26, 2025

Mañá sábado ás 20 h a orquestra Claxxon ofrecerá o seu concerto de Nadal en Tui, no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Será un espectáculo con cancións de Nadal e tamén clásicos do pop e rock, para toda a familia. Deunos os detalles o cantante Diego Grande.

Duration: 00:05:23
Ent. María do Ceo, fadista | Concerto de Nadal na Catedral
Dec 26, 2025

Panxoliñas galegas e portuguesas estarán presentes este domingo ás 18 h na Catedral de Tui co Concerto de Nadal que ofrecerá a fadista María do Ceo. Conversamos con ela e avanzou algunhas das cancións que este domingo cantará no templo catedralicio, nun concerto organizado ao abeiro do 800 aniversario da consagración da catedral.

Duration: 00:07:46
Ent. Pablo Gómez e Iván Martínez, da peña Os mártires de Guillarei
Dec 26, 2025

Máis de 20 persoas conforman a peña do C.F. Guillarei "Os mártires de Guillarei", que se creou hai dous meses co obxectivo de unir a afección e desfrutar de cada partido. Crearon xa un himno que soa cada domingo no campo e están a preparar camisetas, bufandas e novas cancións. Hoxe coñecemos os detalles con Pablo Gómez e Iván Martínez, da peña "Os mártires de Guillarei".

Duration: 00:06:23
Ent. Pepe Míguez, presidente ACITUI - Ruleta da Sorte e Sorteo de 3 cestas de Nadal
Dec 23, 2025

178, 1419, e o 393 son os números premiados coas cestas de Nadal de ACITUI que hoxe se realizou na nosa sintonía. A de hoxe foi unha mañá de premios para o comercio local xa que no Espazo Sociocultural tivo lugar a Ruleta da Sorte, cunha gran acollida coma explicaba o presidente de ACITUI, Pepe Míguez.

Duration: 00:03:59
Ent. Marta Romero e Anas Fadoul, da Comisión de Rebordáns | Festa PreFin de Ano
Dec 23, 2025

Amigos da Festa de Rebordáns celebra esta sábado, 27 de decembro, unha festa Prefin de Ano. Coñecemos como van despedir o ano, por anticipado, con Marta Romero e Anas Fadoul, da Comisión de Rebordáns.

Duration: 00:02:50
Ent. Eloy Carrera e David González - Concerto de Fin de Ano da Banda de Música Popular de Tui e o grupo Píscore
Dec 23, 2025

Humor, música e melodías de Nadal protagonizarán este venres o Concerto de Fin de Ano que ás 20.30 h ofrecerán no Teatro Municipal de Tui a Banda de Música Popular de Tui e o grupo Píscore. Coñecemos todos os detalles con David González, presidente e Eloy Carrera, director da Banda de Música Popular de Tui. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 5€ e 3€.

Duration: 00:06:27
Ent. Andrea González, presidenta da C- Academia de Artes Escénicas e premio a Caixason
Dec 23, 2025

A tudense Andrea González vén de ingresar como académica na Academia das Artes Escénicas de España. A pianista e organizadora do IKFEM amosaba a súa satisfacción por este novo paso na súa carreira. Amais a Confederación de Xuventudes Musicais de España que preside vén de entrar Consello Estatal da Música e das Artes do Ministerio de Cultura. Avanzaba Andrea González, que o proxecto Caixason que este verán se estreou no marco do IKFEM, vén de recibir un prestixioso premio en Xapón.

Duration: 00:09:17
Raíces e Vangarda, Judicael Romero - Lombo de bacallau confitado sobre crema de coliflor asada e terra de migas de broa
Dec 22, 2025

"Lombo de bacallau confitado sobre crema de coliflor asada e terra de migas de broa" é a proposta que hoxe nos fixo o chef Judicael Romero no tempo de "Raíces e vangarda" para dar unha volta ao tradicional prato de Noiteboa. Tamén deu uns consellos para desfrutar destas datas en familia e arredor da mesa.

Duration: 00:13:26
Ent. Ze Manuel Pinheiro, director do Ensemble Vocal Pro Música | Concerto na Catedral de Tui
Dec 19, 2025

O Coro de Porto, Portugal, Ensemble Vocal Pro Música ofrece un concerto na Catedral de Tui este domingo ás 18 h, dentro da programación que conmemora os 800 anos da consagración do tempo tudense. Actuarán 84 persoas. O director do coro, Ze Manuel Pinheiro, explicou hoxe que o programa que elixiron xira entorno á Virxe María, a quen está dedicada o Catedral.

Duration: 00:03:41
Ent. Belén Alonso, da Asociación Colibrí | III Mercado de segunda man
Dec 19, 2025

Este domingo a praza do Seixo en Tomiño acolle o III Mercado de segunda man organizado pola Asociación Colibrí. Máis de 20 postos, un taller de bordado, a presentación das novelas de Perfecto Souto e a visita de Papá Noel son as actividades que haberá dende as 10 h. Coñecemos os detalles con Belén Alonso, da Asociación Colibrí.

Duration: 00:03:35
Ent. Andrea Docampo, psicóloga perinatal do Centro Anarela | Como desfrutar do Nadal en familia
Dec 19, 2025

Emoción, ganas, maxia, ilusión e tamén estrés. Nenos, nenas, pais e nais prepáranse para as festas de Nadal dende principios de decembro, coas novas tradicións e modas que se convirten no seu día a día. Hoxe damos consellos para desfrutar destas datas con Andrea Docampo, psicóloga perinatal do Centro Anarela.

Duration: 00:08:08
Ent. Rafael Quintía, antropólogo - Que son os trubincos
Dec 18, 2025

Segundo a lenda, os trubincos son pequenos trasnos da mitoloxía de Salcedo, en Pontevedra, que baixan pola cheminea en Noiteboa. Gústalles enredar e causar desorde, polo que tradicionalmente se lles deixa un agasallo de piñas con brea para mantelos tranquilos. Hai bonecos para poder ter o noso propio trubinco na casa en Nadal. Hoxe coñecemos como son estes trasnos da tradición oral galega co antropólogo Rafael Quintía.

Duration: 00:08:59
Ent. Rubén López, director do Conservatorio e Escola de Música de Tui - Concerto Sinfonía de Nadal
Dec 18, 2025

Mañá venres ás 20 h o Teatro Municipal acolle o concerto Sinfonía de Nadal do Conservatorio Profesional e Escola de Música de Tui, no que participarán máis de 150 alumnos e alumnas. As entradas poden retirarse de balde unha hora antes do inicio do espectáculo na entrada do Teatro. Así explicouno hoxe o director do CMUS, Rubén López.

Duration: 00:06:20
Ent. Aitor Martínez, torneiro de madeira | Gañador do Premio Produto nos Premios Nacionais de Artesanía 2025
Dec 18, 2025

O torneiro de madeira Aitor Martínez, de Tomiño, vén de gañar o Premio Nacional de Artesanía 2025 na categoría Produto pola súa colección Mundos. Hoxe Aitor Martínez contounos como viviu a entrega do galardón e deu os detalles de Mundos e de próximos proxectos.

Duration: 00:05:00
Ent. Fina Padín e Fran Nogueiras, da Asociación de Veciños de Sobrada | Actividades Nadal
Dec 16, 2025

A Asociación de Veciños de Sobrada organiza para esta fin de semana un conxunto de actividades enfocadas no Nadal, como unha papanoelada moteira ou un concurso de decoracións de Nadal. Hoxe coñecemos os detalles con Fina Padín, presidenta da asociación, e Fran Nogueiras, vicepresidente.

Duration: 00:09:33
Espazo Comercio | Tartatouille, en Conectaté
Dec 16, 2025

No Espazo Comercio, que realizamos con ACITUI, coñecemos con Iris Saavedra, de Conectaté, o novo lanzamento que estará dispoñible na súa tenda na rúa Augusto González Besada. É tartatouille, unha iniciativa gastronómica que pretende marcar a identidade de Tui.

Duration: 00:08:56
Ent. Marisol Valdés | O Belén de Mingos pode visitarse este Nadal na Oficina de Turismo
Dec 15, 2025

O Belén de Mingos volveu este Nadal á Oficina de Turismo onde se pode visitar até o 5 de xaneiro. Marisol Valdés, a súa viúva, contounos a gran acollida que está a ter esta gran montaxe de 12 metros cadrados, con máis de 300 pezas, e na que sempre hai innovacións. Relatounos coma pouco a pouco ao longo dos anos Mingos ía facéndose coas distintas pezas e coma xa na súa casa recibía cada Nadal a cantos quería visitar o Belén.

Duration: 00:09:50
Raíces e Vangarda con Judicael Romero - Capuchino de vieira e xamón crocante
Dec 15, 2025

"Capuchino de vieira e xamón crocante" é a proposta que hoxe nos fixo o chef Judicael Romero no tempo de "Raíces e vangarda". Deixounos esta nova suxestión de receitas para estas festas de Nadal.

Duration: 00:08:12
Ent. Carolina Figueroa, do Club de Patinaxe Artística Ribex - Exhibición de Nadal
Dec 12, 2025

Este domingo 14 ás 17 h o pavillón Gustavo Rodríguez de Tui acolle a exhibición de Nadal do Club de Patinaxe Artística Ribex, que contará coa visita especial de Papá Noel. A entrada é libre. Así nolo contou a adestradora, Carolina Figueroa.

Duration: 00:02:45
Ent. Marisa Giráldez e Marisa Araujo, do Club Bádminton Tui - Torneo recreativo e torneo de Nadal
Dec 12, 2025

Máis de 300 partidos desputaranse mañá sábado no torneo recreativo de bádminton que se celebra o pavillón do IES San Paio. Coñecemos os detalles con Marisa Giráldez e Marisa Araujo, do Club Bádminton Tui. Tamén informaron do X Torneo de Nadal que organizan o próximo venres 19.

Duration: 00:09:23
Ent. Anabel Solla e Andrea Costa, de AMEI Tui - Proxecto Redes de igualdade
Dec 12, 2025

Coñecemos o proxecto "Redes de Igualdade" da Asociación Mulleres en Igualdade de Tui (AMEI Tui). No marco desta iniciativa vén de editar un novo conto coeducativo, "A Capitá Lúa e o Mar dos Estereotipos", e elaborou unha guía de prevención da violencia de xénero na adolescencia. Déronnos os detalles Anabel Solla e Andrea Costa, de AMEI Tui.

Duration: 00:05:40
Ent. Rubén López, director do Conservatorio e Escola de Música de Tui - Concerto Nadal
Dec 12, 2025

Hoxe venres ás 18 h o Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela acollerá o concerto dos alumnos e alumnas do Conservatorio Elemental e Profesional e da Escola de Música de Tui. Será unha mostra do talento local e do traballo realizado neste centro de ensinanzas musicais. A entrada será libre até completar o aforo. Así nolo contou hoxe o director do Conservatorio, Rubén López.

Duration: 00:02:44
Ent. Ana Núñez, concelleira de Comercio - Papa Noel no Mercado de San Antonio e Reto
Dec 12, 2025

Papá Noel visita o Mercado de San Antonio este Nadal para compartir momentos especiais cos nenos e nenas e as súas familias. Estará hoxe de 17 a 20 h e mañá de 11 a 14 h. Volverá a estar a próxima fin de semana e tamén o 22, 23 e 24 deste mes. Así nolo confirmou hoxe a concelleira de Comercio e Mercados, Ana Núñez, que amais avanzou o reto que lanzan tamén no Mercado dende mañá.

Duration: 00:07:30
Ent. José Conde e José Ramón Rey - Presentación da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Galicia Sabia Vella
Dec 11, 2025

A Sala Félix Rodríguez acolle hoxe xoves ás 19 h a a presentación da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Galicia Sabia Vella. Co seu presidente Jose Conde, e o delegado no Baixo Miño José Ramón Rey coñecemos os obxectivos e actividades da asociación. Esta tarde contarán coa actuación do Trío Sabor.

Duration: 00:09:30
Ent. Natalia Lago - Conto de Nadal con A Fada do Aloia
Dec 11, 2025

A Fada do Aloia organiza para este sábado e domingo ÁS 16 h un Conto de Nadal, que será unha ruta polo Parque Natural do Monte Aloia cun percorrido moi doado, no que vai contando un conto que ten lugar neste espazo protexido. Así nolo contou esta mañá. O prezo é de 8€ os nenos e nenas e 10€ as persoas adultas. A reserva pode facerse no 619 96 90 90. Tras a ruta, a partir das 18 h, estará na súa casa máxica no Paseo da Corredoira.

Duration: 00:04:20
Ent. José Manuel Solleiro e Ana Pedreira, da Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro
Dec 10, 2025

Máis de 80 persoas conforman a Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro. Persoas con e sen formación musical que están unidas por un sentimento: a paixón pola música e pola tradición. Hoxe conversamos con José Manuel Solleiro e Ana Pedreira, integrantes do Mosteiro, sobre o que hai detrás dunha rondalla.

Duration: 00:10:30
Ent. Mila González, Aya, Santiago, Sabela e Lucía | II Certame de Coros Escolares
Dec 10, 2025

Máis de 300 alumnos e alumnas participan mañá xoves no II Certame de Coros Escolares, que se celebra no Teatro Municipal de Tui ás 11.30 h, ao abeiro da Programación de Nadal do Concello. Participan os coros dos CEIP's de Guillarei, Nº1, Nº2, Pazos de Reis, Randufe, Rebordáns e Caldelas. É a segunda edición dun certame promovido pola Coral Ponte das Febres e o CEIP Pazos de Reis. Mila González, da coral, e Aya, Santiago, Sabela e Lucía, deron hoxe os detalles deste certame.

Duration: 00:06:56
Ent. Pablo Álvarez Yañez, autor do libro| Presentación “Imaxinando o pasado: Tui 1225”
Dec 10, 2025

A Catedral de Tui foi consagrada no ano 1225. Mañá poderemos coñecer coma era tanto o templo coma a cidade hai 800 anos. O tudense Pablo Álvarez Yañez o recolle no libro “Imaxinando o pasado: Tui 1225”. Esta publicación editada polo Concello de Tui será presentada mañá xoves ás 19.30 h no Espazo Sociocultural dentro dos actos conmmemorativos do aniversario da Catedral. A obra de Pablo Álvarez, enxeñeiro informático e apaixoado da historia de Tui, é froito dun amplo estudio dos traballos e investigacións realizados ata agora arredor da catedral tudense.

Duration: 00:07:05
Ent. Vicente Álvarez e Ricardo Martínez da Coral San Telmo - Concerto O Camiño da Estrela: de Tui a Belén
Dec 10, 2025

A narración dun conto protagonizado por unha nena que vive na contorna da Catedral será o fío condutor co concerto “O Camiño da Estrela: de Tui a Belén”, que este venres ás 20.30 h ofrecerán as tres corais tudenses, Centro Sociocomunitario, Ponte das Febres e San Telmo, no Teatro Municipal. Tamén contará con proxeccións audiovisuais e unha posta en escena que chamará a atención, tal e coma hoxe nos explicaron Ricardo Martínez e Vicente Álvarez da Coral San Telmo, que realiza a dirección artísticas deste evento musical.

Duration: 00:08:48
Espazo comercio - Modificacións na Ruleta do Nadal
Dec 09, 2025

As persoas que realicen unha compra superior a 10 euros nos establecementos adheridos á campaña da Ruleta do Nadal de Tui recibirán un boleto para participar neste concurso. As compras deben realizarse entre o 15 e o 23 de decembro, día do sorteo. Así nolo explicou Pepe Míguez, presidente de ACITUI, no Espazo Comercio.

Duration: 00:05:44
Ent. Samuel Moreno, mago - Actuacións en EEUU e próximos eventos
Dec 09, 2025

Hoxe coñecemos co mago tomiñés Samuel Moreno como foron as actuacións que realizou nos EEUU e tamén nos contou os próximos eventos nos que vai realizar a súa maxia.

Duration: 00:06:04
Ent. Juan De Sola - Presentación do libro Entre os muros do esquecemento
Dec 09, 2025

Mañá mércores ás 19.30 h o xornalista Juan de Sola Vollbrecht presentará na Aula da UNED de Tui o seu libro Entre os muros do esquecemento. No mesmo recupera a experiencia vital e a memoria de Ramón García Martínez, supervivente do campo de concentración de Mauthausen.

Duration: 00:09:22
Ent. Grupo Partuicipando | Pleno Infantil e Foro Galego
Dec 08, 2025

Ent. Grupo Partuicipando | Pleno Infantil e Foro Galego

Duration: 00:12:17
Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes, e Laura Solla, do Club Atletismo Tui - IV San Silvestre
Dec 05, 2025

Dende o 1 de decembro está aberto o prazo de inscrición para participar na IV San Silvestre Solidaria tudense, que se celebra en Tui o mércores 31 de decembro ás 10.30 h. Xa hai 375 persoas inscritas nesta cita festiva, deportiva e solidaria coa Asociación Española Contra o Cancro. A inscrición debe realizarse na páxina https://clubatletismotui.wordpress.com/san-silvestre/ Déronnos os detalles Rafael Estévez, concelleiro de Deportes, e Laura Solla, do Club Atletismo Tui.

Duration: 00:08:26
Ent. Ana Núñez, concelleira de Comercio e Mercados | Carrusel, Mercado de Nadal...
Dec 05, 2025

O carrusel infantil súmase dende esta tarde á oferta de Nadal do Concello de Tui. Os tíckets do comercio local poden canxearse por unha viaxe neste tiovivo instalado na praza da Inmaculada. Así o explicaba esta mañá a concelleira de Comercio e Mercados, Ana Núñez, quen detallaba tamén a oferta de actividade e eventos que hai coma o Mercado de Nadal, a Árbores dos Desexos, a casa máxica da Fada do Aloia, ou o Belén de Mingos.

Duration: 00:09:03
Ent. Marta Valcárcel, alcaldesa de Salvaterra de Miño - XI Festa do Viño Espumoso de Galicia
Dec 05, 2025

Tres días de gastronomía, música, tradición e cultura na XI Festa do Viño Espumoso de Galicia que se celebra en Salvaterra de Miño. Coñecemos os detalles desta cita coa alcaldesa Marta Valcárcel.

Duration: 00:06:32
Ent. Alberto Viso, autor de "La ceguera de dios" - Presentación do libro en Tui
Dec 04, 2025

Hoxe xoves ás 19 h a Sala Félix Rodríguez acollerá a presentación do libro “La ceguera de dios” da autoría de Alberto Viso, exprofesor de Historia do IES San Paio. Será presentado por Miguel Abraira, profesor de Historia no mesmo instituto. Hoxe Alberto Viso fíxonos un adianto do seu libro.

Duration: 00:08:33
Ent. José Álvarez e Jorge Pimental, da Asociación A Insua - Nadal en Caldelas
Dec 04, 2025

Cinco actividades conforman a programación de Nadal en Caldelas, con concurso de decoración de Nadal, un belén vivinte, a visita de Papá Noel e os Reis Magos, música, e moito máis. Contáronnolo hoxe José Álvarez e Jorge Pimentel, da Asociación A Insua.

Duration: 00:06:54
Ent. Katia Rocha e Milagros Rodríguez, da Asociación San Fins - Nadal Cultural en Rebordáns
Dec 04, 2025

Esta fin de semana Rebordáns acolle o seu Nadal Cultural con música, maxia, teatro, gastronomía... todo no Centro Cultural San Fins. Hoxe déronnos os detalles Katia Rocha e Milagros Rodríguez, da Asociación San Fins.

Duration: 00:06:00
Ent. Lino Martínez, judoca tudense - Campión do Mundo WIBK de judo tradicional
Dec 04, 2025

O judoca tudense Lino Martínez vén de gañar o Campionato do Mundo WIBK de judo tradicional na categría M7 e menos de 90 kg. É a segunda vez que se convirte en campión do Mundo nesta modalidade. Hoxe conversamos con el sobre este novo triunfo e das primeiras citas marcadas no seu calendario. A primeira este domingo no Campionato de España, en Segovia.

Duration: 00:08:47
Ent. Carlos Antunes, director Aquamuseu do Rio Minho - XII Simposio Ibérico sobre a Bacia Hidrográfica do Río Miño
Dec 03, 2025

A Eurocidade Cerveira-Tomiño acolleu o XII Simposio Ibérico sobre a Bacia Hidrográfica do río Miño, onde se abordaron cuestións como a xestión dos recursos, os desafíos para o río e o desenvolvemento de proxectos. Valorou este simposio o director do Aquamuseu do Rio Minho, Carlos Antunes.

Duration: 00:07:17
Ent. Javier Argüelles, de Galiclown, pallasos de hospital - Calendario solidario 2026
Dec 03, 2025

Galiclown, pallasos de hospital, vén de editar o seu calendario de 2026 que está xa á venda. En Tui pódense adquirir en TCopias, Espazo Lector Nobel e Tui Té, ao prezo 5€ Cada mes se ilustra con fotografías dos pallasos e pallasas de Galiclown cos nenos e nenas do Hospital Álvaro Cunqueiro. Os fondos recadados irán destinados á actividade diaria que realizan, tal e coma explicaba Javier Argüelles de Galiclown.

Duration: 00:10:17
Ent. Beatriz Teijeira e Eva Acuña de Vontade - Campaña “Andamos coxos da linguaxe”
Dec 03, 2025

“Andamos coxos da linguaxe” é o título da campaña que a asociación de persoas con discapacidade Vontade ten en marcha co gallo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade que se conmemora hoxe. O seu obxectivo é sensibilizar e concienciar sobre a importancia do emprego dunha linguaxe inclusiva para frear os obstáculos que limitan a participación das persoas con discapacidade na comunidade. Así nolo contaron Beatriz Teijeira e Eva Acuña de Vontade.

Duration: 00:10:52
Ent. Conchi Martínez da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui - Manifestación SOS Sanidade Pública
Dec 03, 2025

Mañá xoves ás 19 h comezará na praza de España en Vigo unha manifestación convocada por SOS Sanidade Pública para instar o Sergas a “reconstruír” a área sanitaria de Vigo. Conchi Martínez, da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui, explicaba os motivos desta manifestación, á que se suman dende a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui. Haberá autobús dende Tui e A Guarda para ir á convocatoria.

Duration: 00:06:05
Ent. Natalia Lago - A Fada do Aloia no Camiño de Nadal en Tui
Dec 03, 2025

A maxia do Nadal está presente no Paseo da Corredoira na casa máxica da Fada do Aloia, Natalia Lago. O pasado venres foi a encargada de acender simbólicamente a iluminación destas festas, e está presente nesta casa máxica durante todo o Nadal. Así nolo contou a propia Natalia Lago, A Fada do Aloia, explicándonos os horarios nos que poderemos atopala e que actividades vai raelizar.

Duration: 00:07:05
Ent. Leti Diz - Vencedora da Urban Trail Night Eurocidade
Dec 03, 2025

A tudense Leticia Diz pecha o ano subíndose ao máis alto do podio da Urban Trail Night Eurocidade este pasado sábado. Hai unha semana facíase coa vitoria no Trail do Trega, o que a súa vez a facía tamén gañadora da Pontevedra Trail League. Hoxe falamos con ela desta proba da Eurocidade.

Duration: 00:06:31
Espazo Comercio | Ruleta do Nadal
Dec 02, 2025

Mercar no comercio local de Tui terá premio na Ruleta de Nadal de ACITUI, que entregará agasallos o próximo 23 de decembro no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Para participar é necesario presentar un ticket de compra superior a 10 euros e realizada entre o 15 e o 23 de decembro. Coñecemos hoxe os detalles no Espazo Comercio co presidente de ACITUI, Pepe Míguez.

Duration: 00:03:38
Ent. Belén Martínez, da Gastroneta da Tita Belén | Finalista de Gira Mujeres
Dec 02, 2025

Belén Martínez é de Malvas, vive en Pontevedra, e foi unha das 10 finalistas da Gira Mujeres de Cocacola, onde presentou o seu proxecto gastronómico: a Gastroneta da Tita Belén. Hoxe conversamos con ela sobre esta iniciativa en pleno Camiño de Santiago.

Duration: 00:06:55
Ent. Miguel Cajigal El Barroquista - I Xornada Imaxe+Letra
Dec 02, 2025

Miguel Angel Cajigal "El barroquista" tenlle un afecto especial á Catedral de Tui. Así nolo contou esta mañá no programa Día a Día, onde explicou a súa participación esta tarde na I Xornada Imaxe+Letra no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Esta tarde abordará a relación entre a película "O nome da Rosa" e a catedral tudense e tamén presentará o seu novo libro.

Duration: 00:10:59
Ent. Manuel Rivas - Charla "Prepárate para un Nadal Ciberseguro"
Dec 02, 2025

A Aula CEMIT de Tui, no edificio Francisco Sánchez, acollerá mañá mércores ás 17 h a charla "Prepárate para un Nadal Ciberseguro" a cargo de Manuel Rivas. Organizada por AMTEGA coa colaboración do Concello de Tui o obxectivo é achegar consellos prácticos para realizar compras seguras en internet, evitar estafas e coñecer que debemos ter en conta nos dispositivos conectados a internet.

Duration: 00:08:45
Ent. Pablo Romero, presidente Cineclub Tui - Xornada Imaxe + Letra
Dec 01, 2025

A conexión entre a literatura e o cinema estará mañá presente na I Xornada Imaxe + Letra organizada polo Cineclub Tui. Nesta primeria cita o 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui será o fío conductor. Así nolo contou Pablo Romero presidente do Cineclub Tui. Ás 17 h haberá unha visita aos tellados da Catedral en realidade virtual, logo a proxección de "O nome da Rosa" e rematará coa charla coloquio de Miguel A.Cajigal - @elbarroquista

Duration: 00:06:47
Raíces e Vangarda con Judicael Romero - Solomillo ao mencía con uvas
Dec 01, 2025

Con Judical Romero abrimos un novo tempo dedicado a gastronomía en "Raíces e vangarda" hoxe baixo o título de "Nadal de luxo a prezo de saldo". Hoxe contounos coma elaborar un "Solomillo ao mencía con uvas".

Duration: 00:07:55
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde, e Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura | 800 aniversario consagración da Catedral
Nov 28, 2025

Este domingo comezan os actos conmemorativos do 800 aniversario da Consagración da Catedral de Tui. Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e coa concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, abordamos este destacado acontemento dunha das iconas do patrimonio tudense e galego.

Duration: 00:09:03
Ent. Enrique Cabaleiro, José Quinteiro e Miguel Veiga | Árbore dos desexos
Nov 28, 2025

Hoxe venres acéndese o alumeado de Nadal en Tui ás 18.30 h, un camiño máxico onde a solidariedade está presente coa Árbore dos Desexos. Estará situada na praza da Inmaculada, cos desexos dos nenos e nenas das familias de SOS Tomiño Baixo Miño colgadas nas suas pólas. Hoxe déronnos os detalles desta iniciativa Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui; José Quinteiro, presidente de SOS Tomiño Baixo Miño, José Quinteiro; e Miguel Veiga, de Emedia.gal, promotor desta iniciativa.

Duration: 00:12:45
Ent. Noelia Martínez, Andrea Rodríguez, Rosa González de Donicelas | Presentación Disco a Nena do Pelo Loiro
Nov 28, 2025

O auditorio de Salceda acolle este domingo ás 18 h a presentación en directo do novo disco de Donicelas "A nena do pelo loiro", no que reúnen pezas tradicionais e composicións propias que poñen en valor a riqueza do patrimonio musical galego. Coñecemos este traballo e como será o concerto con Noelia Martínez, Andrea Rodríguez, Rosa González que forman parte de Donicelas.

Duration: 00:07:00
Ent. Marga do Val e Margarita Ledo - Conmemoración dos Sucesos de Sobredo
Nov 28, 2025

Mañá sábado terá lugar a conmemoración dos Sucesos de Sobredo. Comezará ás 11 h na carballeira de San Xosé para logo ir até o monumento onde terá lugar o acto no 103 aniversario daqueles feitos. A presidenta do IEAMSo, Marga do Val, dará a benvida, e fará unha lembranza José Piñeiro Trillo e Raúl Lago, falecidos este ano. Logo intervirá Margarita Ledo Andión, e terá lugar a ofrenda floral no monumento. Hoxe falamos con Marga do Val e Margarita Ledo.

Duration: 00:13:26
Ent. Hermelindo Ruíz, compositor e músico - “Os fogos de San Telmo” estrearase en Europa o domingo en Tui
Nov 28, 2025

Este domingo dentro do “Concerto centenario” estrearase en Europa a obra “Os fogos de San Telmo” creada polo compositor portoriqueño Hermelindo Ruíz, que estará tamén á guitarra na interpretación. Dirixirá esta composición Roselín Pabón. Hoxe con Hermelindo Ruíz coñecemos a inspiración e os ritmos desta composición que forma parte do repertorio deste domingo.

Duration: 00:07:15
Ent. Mónica Crisóstomo, de Ideas Peregrinas | Colaboración con Conservas Evangelina
Nov 27, 2025

A posta en valor do produto local e tradicional é o espírito que marca o traballo de Ideas Peregrinas, que vén de presentar unha colaboración con Conservas Evangelina. Lombos de sardiña enlatados é o produto que podemos atopar xa no establecemento tudense, froito desa unión. Hoxe presentounos esta colaboración Mónica Crisóstomo, de Ideas Peregrinas, quen tamén adiantou que o vindeiro xoves día 5 Mar Jewelrin impartirá un taller de xoias con resina natural.

Duration: 00:07:01
Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes de Tui, Óscar Silva, vereador de Desporto, e Justi Peixoto, da organización
Nov 27, 2025

Este sábado 29 máis de 700 deportistas realizarán a Urban Trail Night nas dúas modalidades, de 8 e 16 quilómetros, entre Valença e Tui. Coñecemos os detalles desta proba na súa novena edición con Rafael Estévez, concelleiro de Deportes de Tui, Óscar Silva, vereador de Desporto de Valença, e Justi Peixoto, da organización.

Duration: 00:13:01
Ent. Tino Baz, músico, e Antón Silva, dos Folieiros de Lavadores | A música en Sobredo
Nov 27, 2025

Mañá venres prosegue o ciclo “Sobredo, 103 anos despois” organizado polo Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo (IEAMSo), coa colaboración do Concello de Tui, e que forma parte do Mes da Memoria Democrática. "A música en Sobredo" será a cita de mañá ás 19.30 h no Espazo sociocultural, da rúa Camilo José Cela onde intervirán Tino Baz e @s Folieir@s de Lavadores. Con eles conversamos hoxe sobre o compromiso social na música.

Duration: 00:07:19
Ent. Dani Méndez, bailarín e cantante tudense - Participación en Recantos Luar e clases de baile en Tui
Nov 26, 2025

O tudense Dani Méndez é bailarín e cantante, e dende o mes de setembro concursa en Recantos, no programa Luar, onde canta, baila e desenvolve tamén a súa paixón pola moda. Ademais imparte clases de baile para todas as idades no Liceo Casino de Tui, grupos coas inscricións aínda abertas. Hoxe falamos con el sobre os seus inicios e a súa experiencia no concurso.

Duration: 00:07:47
Ent. Roberto Carrero, alcalde da Guarda - Finalista da campaña “Xuntos brillamos máis" de Ferrero Rocher
Nov 26, 2025

A Guarda quere brillar este Nadal. É xa un dos cinco municipios finalistas da campaña "Xuntos Brillamos Máis" de Ferrero Rocher. O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, deunos conta do que supón para a Guarda ser unha das finalistas, e convidaba a votar pola vila. Votar: https://www.ferrerorocher.com/es/es/xp/navidaddeoro/votar/?pp_town=AGR

Duration: 00:04:43
Ent. Sara Areal e Samuel Diz - Concerto Centenario
Nov 26, 2025

Un concerto organizado dende o corazón, con coñecemento do espazo onde se vai celebrar e que busca emocionar. Así é o "Concerto Centenario" que este domingo, ás 17.30 h vai ter lugar na Catedral de Tui abrindo o programa conmemorativo do 800 aniversario da consagración do templo catedralio. Así nolo contaron hoxe os músicos tudenses Sara Areal e Samuel Diz, que encabezan aos intérpretes e compositores de Europa e América que serán protagonistas este domingo.

Duration: 00:12:16
Sección UNED | Mércores 26 de novembro de 2025
Nov 26, 2025

A Aula da UNED de Tui acollerá o sábado 13 de decembro, de 10 a 14 h, un taller de elaboración de piñatas mexicanas, dirixido a todas as persoas interesadas dende os 6 anos. O prezo é de 15€ incluíndo todos os materiais. Deunos hoxe todos os detalles Minerva Ojeda, coordinadora da Aula tudense, explicando a orixe destas piñatas e os datos o curso. A inscrición pode facerse na propia aula na rúa Antero Rubín ou a través de internet en https://www.uned.es/universidad/centros/gl/pontevedra/centro/sedes-aulas/tui.html

Duration: 00:05:56
Ent. Noé Cortiñas, presidente da Asociación Galega de FootGolf, xogador nacional e seleccionador de España
Nov 25, 2025

A unión entre golf e fútbol deriva nun deporte: FootGolf. Hoxe coñecemos máis sobre este deporte, onde se pode practicar en Galicia e cales son os próximos campionatos a nivel galego, nacional e internacional. Conversamos con Noé Cortiñas, presidente da Asociación Galega de FootGolf, xogador nacional e seleccionador de España.

Duration: 00:07:44
Ent. Lucía Nogueira, vicepresidenta de ACITUI | Balance charla Verifactu
Nov 25, 2025

Máis de 60 persoas asistiron onte luns á charla sobre Verifactu que organizou ACITUI na sala Félix Rodríguez. Hoxe fixo balance desta actividade a vicepresidenta de ACITUI, Lucía Nogueira.

Duration: 00:03:07
Espazo Comercio | Jairo Correa, de Pet&Grow Shop
Nov 25, 2025

Pet&Grow Shop é unha nova tenda que abriu en Guillarei, con artigos para mascotas, abonos, sementes, e moito máis, que hoxe coñecemos co seu xerente, Jairo Correa, no Espazo comercio que realizamos en colaboración con ACITUI.

Duration: 00:06:19
Raíces e vangarda, co chef Judicael Romero | Abadexo, costra de pataca e allada
Nov 24, 2025

Hoxe continuamos a nosa viaxe gastronómica co chef Judicael Romero en "Raíces e vangarda" no programa Día a Día. Falamos de peixerías, do Mercado de San Antonio e das virtudes do abadexo. A receita de hoxe é abadexo, costra de pataca e allada.

Duration: 00:10:05
Ent. Emilio Estévez e Gonzalo Barrio | Tertulias peregrinas
Nov 24, 2025

Ideas Peregrinas acolleu a pasada semana unha nova Tertulia Peregrina, onde o investigador Gonzalo Barrio ofreceu unha charla titulada "Charles Lindbergh e Tui: unha parada na historia da aviación". Asistiron 50 persoas. Hoxe coñecemos máis sobre esta iniciativa co seu impulsor, Emilio Estévez, e o investigador Gonzalo Barrio.

Duration: 00:11:58
Ent. Loli Estévez, de As Rutas de Suso | Papanoelada moteira
Nov 24, 2025

O próximo domingo 14 de decembro as rúas de Tui e as súas parroquias encheranse de Papás Noeles en moto nunha papanoelada moteira que organiza o Concello de Tui coa colaboración de As Rutas de Suso. Será unha cita de carácter solidario, polo que as persoas que queiran participar deberán entregar un quilo de alimentos. Coñecemos os detalles con Loli Estévez, do grupo As Rutas de Suso.

Duration: 00:07:37
Ent. Diana Gonçalves, cineasta tudense | Spot do 25N da Deputación de Pontevedra
Nov 21, 2025

Tui e Valença son os escenarios do vídeo da Deputación de Pontevedra no 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A escritora e directora do vídeo e a cineasta tudense Diana Gonçalves, con quen hoxe conversamos sobre esta súa primeira ficción e sobre a mirada que quixo poñer nela.

Duration: 00:06:43
Ent. Patricia Múñoz, de Amodo Turismo | Ruta polas Sobreiras do Faro
Nov 20, 2025

Este domingo ás 10.30 h haberá un paseo interpretativo polas Sobreiras do Faro, en Oia, a cargo de Patricia Múñoz de Amodo Turismo. O percorrido permitirá coñecer en profundidade este Espazo Privado de Interese Natural (EPIN) que forma parte tamén do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia. A inscrición ten un prezo de 15€. Pódese ampliar a información en www.amodoturismo.com Deunos todos os detalles Patricia Múñoz.

Duration: 00:05:59
Ent. Javi Niño, coordinador deportivo do CB Tui | Campus de Nadal
Nov 20, 2025

Para favorecer a conciliación familiar nas vacacións de Nadal nace este ano o Campus de Nadal do CB Tui, seis días no mes de decembro e tres en xaneiro, en horario de 9 h a 14 h. Deu hoxe todos os detalles o coordinador deportivo do club, Javi Niño. As inscricións deben realizarse no teléfono 634 61 60 76.

Duration: 00:04:45
Ent. Manuel Madarnás e Jorge Pimentel | Peche da Xira La MMarca
Nov 20, 2025

Este sábado remata a xira do espectáculo La MMarca que lidera Manuel Madarnás. Dende o 13 de xullo teñen percorrido un bo número de escenarios tal e coma hoxe nos contaban Manuel Madarnás e Jorge Pimentel, que nos falaron tamén deste peche, e dos próximos proxectos.

Duration: 00:10:14
Ent. Miguel Martínez e Majo González de Xuntanza | XII Mostra Teatral Miguel Troncoso
Nov 20, 2025

Estase a celebrar na Casa Cultural de Randufe, organizada pola Asociación Cultural Xuntanza, a XII Mostra Teatral Miguel Troncoso. Son un total de seis xornadas teatrais con grupos de Randufe, Sobrada, Vigo, O Rosal, Pazos de Reis e Alxén que comezaron o 8 de novembro e continuarán até o 13 de decembro. Miguel Martínez, presidente de Xuntanza, e Majo González, membro da directiva, contáronnos como naceu a mostra e as actuacións previstas.

Duration: 00:06:11
Ent. Javier Tourís, deputado de Acción Comunitaria | Programa + Convivir este sábado en Tui
Nov 20, 2025

O programa +Convivir da Deputación de Pontevedra chega este sábado a Tui con distintas propostas de actividades. Será no pavillón do IES San Paio de 16.30 a 20.30 h con charlas de Nutrición e Primeiro Auxilios a cargo do dr. Viso; un taller de Risoterapia, e xinmasia de mantemento. Unha actividade dirixida a persoas de todas as idades. Rematarase cun viño galego e música. Así nolo contou o deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís.

Duration: 00:04:38
Ent. Martiño Noriega e Marga do Val - Conferencia presentación do libro "Os médicos tamén enferman"
Nov 19, 2025

Mañá xoves, dentro do ciclo "Sobredo, 103 anos despois" presentarase en Tui o libro "Os médicos tamén enferman". No acto porase en contexto a situación actual da sanidade e o papel que os médicos tiveron tras os sucesos de Sobredo atendendo ás persoas feridas. O acto será mañá xoves ás 19.30 h o Espazo Sociocultural da r/Camilo José Cela. Hoxe falamos con Martiño Noriega, autor do libro, e Marga do Val, presidenta do IEAMSo.

Duration: 00:08:55
Ent. Marta Romero e Anas Fadoul, da Comisión de Rebordáns | Campionato de tutifruti, mercado de Nadal e pre fin de ano
Nov 19, 2025

O próximo sábado 29 de novembro a comisión Amigos da Festa de Rebordáns organiza un campionato de tutifruti. Para participar é necesario inscribirse previamente. Marta Romero e Anas Fadoul, da comisión, explicaron hoxe como se organizará este campionato, e tamén avanzaron detalles da súa festa pre fin de ano e da súa presenza no Mercado de Nadal do Concello de Tui cun posto dende o 10 de decembro até o 5 de xaneiro.

Duration: 00:03:57
Ent. Nuria Palamidessi, psicóloga sanitaria | Taller de somatización no Liceo Casino
Nov 19, 2025

Este venres día 21 o Centro Anarela organiza un taller co título “Escoitas ao teu corpo? Como as emocións vólvense síntomas”. Será no Liceo Casino de Tui de 19.30 h a 21 h. Unha das profesionais que impartirá o taller é a psicóloga sanitaria Nuria Palamidessi, que hoxe deu conta das actividades que van a realizar as persoas que asistan a formación. A inscrición é obrigatoria, nas redes sociais do Liceo Casino ou as do Centro Anarela.

Duration: 00:04:41
Ent. Conchi Garrido, de Ch Ceramics | Obradoiro de cerámica no Espazo Xove de Tui
Nov 19, 2025

Mañá xoves día 20 e o vindeiro 27 Conchi Garrido imparte un obradoiro de iniciación de cerámica no Espazo Xove de Tui, na rúa Sanz. Será en horario de 17 h a 20 h, e é preciso inscribirse no 886 11 07 97, no correo electrónico espazoxovetui.xuventude@xunta.gal ou presencialmente no espazo. Hoxe deu os detalles desta formación a artesá Conchi Garrido, de Ch Ceramics.

Duration: 00:07:01
Ent. Belén Alonso, autónoma | Manifestación en Santiago
Nov 18, 2025

Condicións xustas, protección social e recoñecemento do seu traballo son algunhas das reivindicacións das persoas autónomas que se van a manifestar en Santiago de Compostela o 30 deste mes de novembro. Belén Alonso é autónoma do Baixo Miño, e hoxe deu conta da iniciativa para asistir a esta manifestación en autobuses. Para máis información pode contactarse no teléfono 669 84 11 34.

Duration: 00:07:29
Ent. Alejandra Rusell, autora de "El Juego del Escondite"
Nov 18, 2025

A tudense Alejandra Rusell vén de publicar o seu primeiro “El juego del escondite” no que presenta 72 microrelatos independentes, e nos que o título forma parte tamén do relato. Presentarase ao público venres 12 de decembro ás 19.30 h no White Clover. O libro está xa á venda en Tui na libraría Nobel e tamén en liña. Alejandra Rusell contounos que está a traballar xa tamén no que será a súa primeira novela.

Duration: 00:04:13
Espazo Comercio - Verifactu e Holded
Nov 18, 2025

No tempo do Espazo Comercio que realizamos con ACITUI hoxe coñecemos que é o programa de facturación e xestión para autónomos Holded e cales son as características da ferramenta Verifactu. Contáronolo Lucía Nogueira, vicepresidenta de ACITUI, e Jenifer Garzón de Holded. O próximo luns, 24 de novembro, ás 20.30 h na Sala Félix Rodríguez ACITUI organiza unha charla sobre "Verifactu. Como adaptar o teu negocio con Holded".

Duration: 00:11:25
Ent. Ana Núñez, concelleira de Igualdade, e Paula Cabaleiro, comisaria da programación - 25N
Nov 17, 2025

"O noso corpo, campo de batalla" é o lema elixido polo concello de Tui para conmemorar o 25N, o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. FAlamos deste lema, do cartel obra de Paula Mayor, e da programación prevista con Ana Núñez, concelleira de Igualdade, e con Paula Cabaleiro, comisaria da programación.

Duration: 00:16:04
Raíces e vangarda, co chef Judicael Romero | Boletus confitados sobre crema de castañas y requeixo
Nov 17, 2025

Hoxe continuamos a nosa viaxe gastronómica con Judicael Romero en "Raíces e vangarda" no programa Día a Día. Falamos de setas, de produtos de outono e damos consellos sobre a recollida de cogomelos. A receita de hoxe é boletus confitados sobre crema de castañas y requeixo.

Duration: 00:10:59
Ent. Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman, da compañía de teatro A Panadaría | As que limpan
Nov 17, 2025

A programación de Outono no Teatro Municipal de Tui pecharase este sábado 22 ás 20 h coa sátira útopica “As que limpan” do grupo teatral A Panadaría. En Tui Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman comezaron esta xira no ano 2022, e aquí a pecharán. A compañía despedirase tamén con esta representación. Hoxe falamos coas tres actrices que subirán ao escenario este sábado.

Duration: 00:07:15
Ent. Eloy Carrera, Miguel Prado, Antonio Barros e José Montes - Concerto de Santa Icía
Nov 17, 2025

A Banda de Música Popular de Tui celebra este sábado a festividade da súa patroa, Santa Icía. Será ás 18 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela.Vaino facer cun concerto especial e solidario no que banda estará acompañada polo cantante Antonio Barros, no que van interpretar música de verbena. Así nolo contaban Eloy Carrera, director da Banda, e Antonio Barros, cantante, destacando o variado repertorio que van ofrecer. A entrada será un quilo de alimentos para SOS Tomiño- Baixo Miño. Dende SOS Tomiño Baixo Miño, José Montes, destacaba a import...

Duration: 00:11:15
Ent. Natalia Lago - 5 anos de A Fada do Aloia
Nov 17, 2025

A ruta da auga, Amiga Árbore, a ruta da pedra… son só algunhas das propostas que dende hai cinco anos realiza Natalia Lago co seu proxecto de educación ambiental “A Fada do Aloia”. Natalia Lago fixo hoxe un balance positivo deste lustro de actividade pola acollida que está a ter por parte das familias,e pola incorporación de novos proxectos ao longo deste tempo. Avanzaba tamén as rutas que ten previstas para esta próxima fin de semana.

Duration: 00:08:15